UN ESPAZO VIVO

FOTO: Profe PEREIRO.Queremos que sexa unha ferramenta para a aprendizaxe das Ciencias Sociais mais tamén para coñecer as vosas opinións, resolver dúbidas e acoller as vosas suxerencias.

jueves, 31 de enero de 2013

Testemuño de Micheline Wolanowsky

Ania Horszowski's testimony

"Auxilio e rescate no Holocausto: o valor de axudar"

O 27 de Xaneiro de cada ano a UNESCO rinde tributo ás vítimas do Holocausto. Nesta data conmemórase a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio de Auscwitz-Birkenau. Durante a II Guerra Mundial, o réxime nazi e os seus colaboradores asasinaron a seis millóns de xudeos, homes, mulleres e nenos, nun intento de aniquilar sistemáticamente á comunidade xudea de Europa. Asemade, movidos pola súa ideoloxía racista, persegueron e mataron a millóns de persoas doutros grupos, xitanos (roma e sinti), minusválidos, opositores políticos, homosexuais e a membros doutros moitos colectivos. A historia deste xenocidio perpetrado na II Guerra Mundial non é cousa do pasado. É unha historia viva, que nos concierne a todos, calesquera sexan as nosas distintas procedencias, culturas ou relixións. Despois do Holocausto téñense producido outros xenocidios en varios continentes. Como extraer mellores ensinanzas do pasado? Irina Bokova, Directora General de la UNESCO

27 de Xaneiro: Día Internacional en lembranza das víctimas do holocausto"